Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Xoves, 27 de marzo de 2014 Páx. 13110

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4957/2011).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de A Coruña, fago saber que no procedemento recurso suplicación 4957/2011 desta sección, seguido por instancia de María Luisa Roca Roca contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Fremap, Carsip, S.C., Fernando Alonso Maceiras, María de la Luz Alonso Maceira, sobre accidente, esta sala ditou resolución con data do 31 de xaneiro de 2014, cuxa parte dispositiva do teor literal seguinte:

«A Sala acorda:

Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da demandante María Luisa Roca Roca contra a sentenza ditada o 6 de abril de 2011 polo Xulgado do Social número 1 dos de Ferrol, nos autos nº 636/2010, seguidos por instancia da recorrente contra o INSS, a TXSS, a Mutua Fremap e a empresa Alonso Leira Fernando sobre prestacións de seguridade social, debemos confirmar e confirmamos a sentenza de instancia.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta Sala do Social, Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala do social dentro do improrrogable prazo dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala aberta en Banesto co nº 1552, debendo indicar no campo concepto “Recurso” seguida do código “35 Social Casación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o código “35 Social Casación”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se corresponden a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución contra a cal se recorreu utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Con data do 3 de febreiro de 2014 ditouse resolución, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«A Sala acorda:

1. Aclarar a sentenza ditada con data do trinta e un de xaneiro de dous mil catorce nos seguintes termos: na súa resolución, onde di: “seguidos por instancia da demandante contra o INSS, a TXSS, a Mutua Fremap e a empresa Alonso Leira Fernando”, debe dicir: “seguidos por instancia da demandante contra o INSS, a TGSS, a Mutua Fremap, a empresa Alonso Leira Fernando e Carsip, S.C.”.

2. Incorporar esta resolución ao libro de sentenzas e levar testemuño aos autos. Notifíquese esta resolución. Contra este auto non cabe interpor ningún recurso distinto ao que, de ser o caso, caiba fronte á resolución aclarada. Así, por este auto, o acordan, mandan e asinan os/as maxistrados/as citados á marxe.

E para que conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación a Fernando Alonso Maceiras, con domicilio na r/ Coruña, 7-3º, Ferrol, coa advertencia ao destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 6 de marzo de 2014

A secretaria xudicial