Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Mércores, 26 de marzo de 2014 Páx. 12827

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (291/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número 291/2013 por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra INSS, TXSS, Benjamín Carballo Rivero, Sabón Proyectos 2000, S.L. e Trazos Sistemas de Comunicación Visual, S.A. sobre seguridade social, en que no día da data se ditou sentenza cuxa parte dispositiva di textualmente:

«Resolvo que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra Benjamín Carballo Rivero, Trazos Sistemas de Comunicación Visual, S.A. e Sabón Proyectos 2.000, S.L. e, en consecuencia, debo absolver e absolvo os demandados das pretensións exercidas contra eles.

Que debo estimar e estimo subsidiariamente a demanda interposta por Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e, en consecuencia, debo declarar e declaro que o Instituto Nacional da Seguridade Social é responsable do aboamento da prestación recoñecida a Benjamín Carballo Rivero por incapacidade permanente en grao de total derivada de enfermidade profesional, en Resolución do 29 de xaneiro de 2013, e debo condenar e condeno ao seu aboamento o Instituto Nacional da Seguridade Social.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que non é firme e contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, que deberán anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza, por comparecencia ou por escrito, pasados os cales quedará firme e se procederá ao seu arquivo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que conste e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación á empresa demandada Trazos Sistemas de Comunicación Visual, S.A., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nas dependencias do xulgado, agás as que sexan sentenzas, autos e emprazamentos, expido e asino este edicto.

A Coruña, 6 de marzo de 2014

María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial