Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Mércores, 26 de marzo de 2014 Páx. 12829

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (893/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber:

«Sentenza.

A Coruña, 16 de xaneiro de 2014.

Vistos por Pilar Carreira Vidal, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo nº 893/2013 seguidos por instancia de Viktorija Kubiliute, asistida polo letrado Alberto Fernández Gil, contra as entidades Complexo La Luna S.L., que non comparece, Hotel Disco Luna Pub, S.L., representada por Domingo Barreira Luis, asistido pola letrada María Victoria González Pérez, e a entidade Complexo La Fuente S.L., que non comparece, sobre despedimento.

Decido:

Que debo estimar e estimo a demanda que, en materia de despedimento, foi interposta por Viktorija Kubiliute, contra as entidades Hotel Disco Luna Pub, S.L., e Complexo La Fuente S.L., e en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento do que a demandante foi obxecto con data do 12 de xuño de 2013, con efectos do 10 de xullo de 2013, condenando solidariamente a que as entidades Complexo La Fuente, S.L., e Hotel Disco Luna Pub, S.L., no prazo de cinco días desde a data de notificación da sentenza, opten entre a readmisión inmediata do demandante, nas mesmas condicións que rexían con anterioridade, con aboamento, dos salarios de tramitación desde a data do despedimento, ata a notificación desta resolución, que ascenden a 46,04 euros diarios ou ben ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 2.152,30 euros.

O aboamento da indemnización determinará a extinción do contrato de traballo, que se entenderá producida na data do cesamento efectivo no traballo.

No suposto de non optar o empresario pola readmisión ou a indemnización, enténdese que procede a primeira.

Que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Viktorija Kubiliute, contra a entidade Complexo La Luna, S.L., e en consecuencia, debo absolvela de todo o peticionado na súa contra.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra este recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou causa habente seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado co número nº 47570000, código 36 e número de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade no que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, ao momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no Libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación: lida e publicada foi a anterior sentenza pola maxistrada-xuíza que a subscribe, estando a celebrar audiencia pública no día da súa data. Dou fe».

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación a Complexo La Luna, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado, salvo as que revistan a forma de localización, sentenzas e autos.

A Coruña, 6 de marzo de 2014

A secretaria xudicial