Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Mércores, 26 de marzo de 2014 Páx. 12820

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (880/2012).

María Jesús Pérez Fernández, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela, polo presente fai saber que no presente procedemento seguido por instancia de Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A., fronte a Gonzalo Manuel Cabada Castro se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2013.

Vistas por Lorena Tallón García, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela ás actuacións correspondentes ao xuízo ordinario 880/2012 seguidas ante este xulgado por instancia de Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A., representado polo procurador Santiago Gómez Martín e asistido polo letrado Pedro Sánchez Rodilla, fronte a Gonzalo Manuel Cabada Castro, en situación de rebeldía procesual.

Vistos os artigos citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Dispoño.

Que debo estimar e estimo integramente a demanda interposta polo procurador Gómez Martín, en representación de Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A. e, en consecuencia, debo condenar e condeno o demandado a pagar á demandante a cantidade de oito mil douscentos cincuenta e dous euros con dezanove céntimos (8.252,19 euros), máis os xuros de demora do 20 % anual, concertados polas partes, desde o 25 de xuño de 2009, así como os xuros de demora procesual previstos no artigo 576 da Lei de axuizamento criminal, todo iso con expreso pronunciamento de condena en custas ao demandado.

Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que esta non é firme e que contra ela non cabe interpoñer, ante este xulgado e para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña, recurso de apelación non prazo de vinte días contados desde o seguinte ao da súa notificación, logo de consignación do depósito preceptivo.

Únase esta sentenza ao libro de rexistro de sentenzas e autos definitivos civís deste xulgado, e expídase testemuño para a súa incorporación a estas actuacións.

Así o acordo e asino.

E para que sirva de notificación en forma ao demandado, Gonzalo Manuel Cabado Castro, en situación de rebeldía e cuxo domicilio se descoñece, expido, selo e asino o presente edicto.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2013

A secretaria xudicial