Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Mércores, 26 de marzo de 2014 Páx. 12893

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 10 de marzo de 2014 de requirimento de acreditación de representación no expediente IU1/86/2012, devolto polo servizo de Correos por non poder practicarse a súa notificación.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), publícase o emprazamento para acreditación de representación no expediente do recurso de reposición interposto por María del Mar Blanco Roca e escrito complementario ao recurso presentado por Enrique Prego Fajardo, en nome e representación de María del Mar Blanco Roca, contra a Resolución do 22 de outubro de 2013 da directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, no expediente de referencia, en relación coas obras consistentes en construción de vivenda unifamiliar, dúas edificacións auxiliares e unha soleira no lugar de Penencia, Doniños, no termo municipal de Ferrol, provincia da Coruña.

Unha vez comprobada a documentación achegada e constatada a ausencia de acreditación da representación que di ter Enrique Prego Fajardo para actuar en nome e representación de María del Mar Blanco Roca, requírese para que, de conformidade co artigo 32.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), emende a falta de acreditación de representación por calquera medio válido en dereito, nun prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, con indicación de que se transcorrido o dito prazo non o fixer, se lle terá por desistido do seu recurso, coas consecuencias que diso deriven (artigo 71.1 da Lei 30/1992).

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística