Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Martes, 25 de marzo de 2014 Páx. 12674

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santa Comba

ANUNCIO de información pública relativo á instalación dunha lavandaría.

Hostelería Santa Comba, S.L. solicita desta Alcaldía licenza municipal para a instalación dunha lavandaría, na parcela nº 26 do polígono industrial de Santa Comba, de acordo co proxecto presentado, de data abril de 2013, redactado polo enxeñeiro técnico industrial Emilio García Baña, colexiado nº 2065 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais da Coruña, proxecto visado con data do 28 de maio de 2013, nº 1390/13.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este (que comezará a contar desde o día seguinte ao da última inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia ou no DOG) as persoas que se consideren afectadas dalgún xeito pola actividade que se pretende instalar poidan examinar o expediente na Secretaría deste Concello e formular as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

Santa Comba, 3 de marzo de 2014

Antonio Manuel Landeira Gallardo
Alcalde