Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Martes, 25 de marzo de 2014 Páx. 12673

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Malpica de Bergantiños

ANUNCIO de convocatoria de procedemento de selección dunha praza de operario de servizos múltiples.

Mediante Resolución da Alcaldía nº 37/2014 procedeuse a aprobar as bases e a convocatoria para cubrir en propiedade unha praza de operario de servizos múltiples, incluída na oferta de emprego público do Concello de Malpica de Bergantiños para o ano 2011 e vacante no cadro de persoal laboral fixo do Concello de Malpica de Bergantiños, coas seguintes características:

Denominación da praza

Grupo de cotización á Seguridade Social categoría profesional

1

Operario de servizos múltiples

10 - peón

As citadas bases que rexerán a selección foron publicadas no BOP da Coruña número 27, do 10 de febreiro de 2014, con corrección material de erros mediante Resolución da Alcaldía nº 64/2014, publicada no BOP da Coruña número 41, do 28 de febreiro.

Segundo a base cuarta, o prazo de presentación de instancias será de 20 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Segundo a base sétima, o sistema de selección será o de concurso-oposición.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria (excepto o preceptivo no BOE mencionado anteriormente), cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de anuncios do concello.

Malpica de Bergantiños, 5 de marzo de 2014

Miguel A. Fernández Mirás
Alcalde en funcións