Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Martes, 25 de marzo de 2014 Páx. 12675

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2014, do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra, pola que se aproban os pregos de bases e de cláusulas de explotación e a convocatoria de concurso público para a adxudicación dunha caseta auxiliar de pesca en réxime de autorización administrativa.

O Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra, na súa sesión do 27 de febreiro de 2014, aprobou os pregos de bases e de cláusulas de explotación que rexerán a convocatoria do concurso público para a adxudicación dunha caseta auxiliar de pesca, en réxime de autorización administrativa, de acordo co disposto no texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro (BOE núm. 253, do 20 de outubro). En virtude deste acordo, as persoas físicas e xurídicas interesadas en participar no concurso poderán examinar a documentación nas oficinas da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra, Parque de Cantodarea, s/n, Marín (Pontevedra).

As propostas presentaranse no Rexistro Xeral da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra no prazo de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio e ata as 14.00 horas do último día de presentación. No caso de que a finalización do prazo coincida cun día festivo, un sábado ou un domingo, considerarase que a finalización do prazo é o primeiro día hábil seguinte.

Marín, 4 de marzo de 2014

José Benito Suárez Costa
Presidente

José Carlos Navarro Bernabeu
Secretario