Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Martes, 25 de marzo de 2014 Páx. 12612

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (362/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de seguridade social 362/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Encarnación González Casais contra a empresa Ibergalpesca, S.A., Instituto Social da Mariña e Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS) sobre seguridade social, se ditou Sentenza número 85 cuxo encabezamento e decisión son do teor literal:

Sentenza.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2014.

Vanesa Gestal Queijas, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos número 362/2012, promovidos ante este xulgado do social sobre seguridade social, por instancia de Encarnación González Casais e Carolina Río González, asistidas polo letrado Manuel Comendador Rey contra Ibergalpesca, S.A., que non comparece, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, o Instituto Social da Mariña e o Instituto Nacional da Seguridade Social, asistidos e representados polo letrado Ángel González Quintas, pronunciou a seguinte sentenza:

Decisión que debo desestimar e desestimo a demanda presentada por Encarnación González Casais e Carolina Río González contra Iberogalpesca, S.A., a TXSS, o ISM e o INSS e, en consecuencia, absolvo estes últimos dos pedimentos de condena contidos nela.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta poden interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas.

Así o acordo, mando e asino.

A xuíza substituta.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Ibergalpesca, S.A., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2014

A secretaria xudicial