Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Luns, 24 de marzo de 2014 Páx. 12513

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Malpica de Bergantiños

EDICTO polo que se declara na situación legal de fóra de ordenación total unha nave existente destinada a garaxe e taller de mantemento para vehículos propios.

De acordo co disposto na disposición transitoria terceira da Lei 2/2010, do 26 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 8/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e na Instrución 2/2011, do 12 de abril, para a aplicación da citada disposición, sobre edificacións sen licenza, mediante Xunta de Goberno Local, do 9 de febreiro de 2012, declarouse incursa na situación legal de fóra de ordenación total a nave destinada a garaxe e taller de mantemento para vehículos propios, sita na estrada de Santo Adrián (referencia catastral 000400100NH19E0001UB), de acordo co solicitado por Autocares Pombo, S.L.

Para estes efectos, faise constar que a superficie de parcela é de 734 m2, sobre a que se atopa construída a nave dunha soa planta, cunha superficie construída de 296 m2.

De acordo co recollido na normativa e na instrución citadas, e para os efectos de tramitar ante o Servizo Provincial de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a solicitude de cualificación ambiental da actividade, por medio deste edicto e segundo o previsto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, en relación co artigo 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sométese o expediente a información pública, durante o prazo de vinte días, contado a partir do seguinte ao da última publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia, e no taboleiro de anuncios do Concello, para que os que se consideren afectados dalgunha maneira pola actividade poidan facer as observacións pertinentes.

O expediente completo permanecerá exposto nos servizos urbanísticos deste concello de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Malpica de Bergantiños, 19 de febreiro de 2014

Miguel Ángel Fernández Mirás
Alcalde en funcións