Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Luns, 24 de marzo de 2014 Páx. 12514

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación da obra de dotación de céspede artificial ao campo de fútbol de San Salvador Budiño (expediente 11/14).

Por Decreto da Alcaldía do 12 de marzo de 2014, aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expte. 11/14).

2. Obxecto do contrato: obra de dotación de céspede artificial ao campo de fútbol de San Salvador de Budiño.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria, aberto.

4. Orzamento base de licitación: 180.754,11 € (149.383,56 € + 31.370,55 € en concepto de IVE).

5. Garantías: garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

6. Prazo de presentación das proposicións: vinte e seis (26) días naturais desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).

7. Apertura das ofertas: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a licitación.

8. Gastos de anuncios: serán por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 12 de marzo de 2014

José Nelson Santos Argibay
Alcalde