Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Luns, 24 de marzo de 2014 Páx. 12438

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3716/2013).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso suplicación 3716/2013-RF desta Sección, seguido por instancia de Fogasa contra a empresa Susana Miragaya Pardiño, Facal González Helvetia, S.L. sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

Resolvemos que estimando o recurso de suplicación interposto polo Fondo de Garantía Salarial contra a sentenza do 6 de xuño de 2013, ditada polo Xulgado do Social número 3 de Lugo, en autos 149/2013 seguidos por instancia de Susana Miragaya Pardiño contra a empresa Facal González Helvetia, S.L, debemos revogala parcialmente e deixar sen efecto o pronunciamento da sentenza de instancia conforme o cal se condena a referida empresa ao aboamento de salarios de tramitación á traballadora desde o 24 de febreiro de 2013 ata a notificación da sentenza de instancia.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Advírtese a parte en ignorado paradoiro de que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación a Facal González Helvetia, S.L., con último domicilio coñecido no Campo do Cristo, 2, Goiriz (Vilalba), expido e asino este edicto.

A Coruña, 27 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial