Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Luns, 24 de marzo de 2014 Páx. 12442

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (400/2012).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 400/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Concepción Sánchez Couceiro contra a empresa Gestión Comercializadora Urbanística, S.L. sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Nº autos: despedimento/cesamentos en xeral 400/2012.

Demandante: Concepción Sánchez Couceiro.

Demandada: Gestión Comercializadora Urbanística, S.L.

Auto.

Maxistrada xuíza: Ana Rodríguez Piorno.

Parte dispositiva:

Que debo acordar e acordo a aclaración da sentenza do 6 de febreiro de 2013 ditada no presente procedemento, no significado seguinte:

Que no feito probado segundo da referida sentenza se substitúa o parágrafo terceiro polo seguinte:

«Na data do acto de xuízo débenselle á traballadora os salarios correspondentes a xullo, novembro e decembro de 2012, así como a paga extraordinaria de decembro de 2012, ademais do salario correspondente a xaneiro de 2013».

E isto con mantemento inalterado do resto do seu contido.

Contra este auto non cabe ningún recurso.

Así o acorda, manda e asina Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, en funcións de reforzo.

E para que conste e sirva de notificación a Gestión Comercializadora Urbanística, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 3 de marzo de 2014

A secretaria xudicial