Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Luns, 24 de marzo de 2014 Páx. 12444

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1290/2010).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento seguridade social 1290/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Beatriz Pérez Louro contra a empresa Laboratorios Diasa Pharma, S.A., Servizo Público de Emprego Estatal, sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva di así:

«Resolvo.

Que desestimando integramente a demanda interposta por Beatriz Pérez Louro contra o Servizo Público de Emprego Estatal e contra Laboratorios Diasa Pharma, S.A., debo absolver e absolvo as demandadas das pretensións deducidas na súa contra.

Notifíquese ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contado desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E, para que sirva de notificación en legal forma a Laboratorios Diasa Pharma, S.A., insiro este edicto que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2014

A secretaria xudicial