Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Luns, 24 de marzo de 2014 Páx. 12484

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo consistente no desenvolvemento dunha campaña para a promoción do mexillón de Galicia, actuación cofinanciada polo Fondo Europeo de Pesca nun 75 %, no eixe 3, medida 4 (expediente 44/2013).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo consistente no desenvolvemento dunha campaña para a promoción do mexillón de Galicia, actuación cofinanciada polo Fondo Europeo de Pesca.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19384

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 164, do 29 de agosto de 2013.

e) División por lotes e número: non leva.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria; aberto non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 180.000,00 €, IVE (21 %): 37.800,00 €. Importe total: 217.800,00 €.

Valor estimado: 180.000,00 €.

5. Adxudicación e formalización do contrato.

a) Data da resolución de adxudicación: 28 de febreiro de 2014.

b) Adxudicataria: Idea, Creatividad y Comunicación, S.L.

c) Importe: 131.085,00 € (sen IVE).

IVE 21 %: 27.527,85 €.

Importe total: 158.612,85 €.

d) Data de formalización do contrato: 6 de marzo de 2014.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta máis vantaxosa para a Administración, ao obter a maior puntuación no procedemento.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2014

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar