Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Luns, 24 de marzo de 2014 Páx. 12486

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2014 pola que se anuncia a contratación documentalmente simplificada por procedemento aberto, tramite ordinario e suxeito a regulación harmonizada, dun servizo consistente no desenvolvemento da campaña publicitaria Produtos de Galicia: a calidade como valor de referencia para a promoción, sensibilización, comercialización e venda de produtos de alimentación, con dous lotes (expediente 11/2014).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: a contratación da creatividade, deseño, produción de materiais e a inserción de publicidade en diversos medios e soportes dunha campaña divulgativa co principal foco en Galicia, e unha porcentaxe de investimento fóra de Galicia, para promoción dos produtos galegos.

c) División por lotes e número: si.

• Lote 1. Creatividade, deseño e produción das pezas necesarias.

• Lote 2. Estratexia e plan de medios.

d) Prazo de execución: remata o 15 de decembro de 2014, tendo en conta o previsto na alínea Ñ da folla de especificacións para a entrega.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 79.341000-6 e 79341400.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 826.421,50 €, IVE (21 %): 173.548,52 €. Importe total: 999.970,02 €.

Valor estimado: 826.421,50 €.

5. Financiamento: fondos propios.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: para o lote 2, ou para concorrer conxuntamente a ambos lotes, exíxese a clasificación: grupo T, subgrupo 1, categoría D.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo o disposto nas alíneas J e K da folla de especificacións.

7. Garantía exixida: definitiva. Segundo a alínea M da folla de especificacións.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 37 (consultas administrativas), 981 55 72 41 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Enderezo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20160

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 14 de abril de 2014.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47).

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do 23 de abril de 2014. A apertura dos sobres C terá lugar, en acto público, no lugar, data e hora que se comunicará mediante a súa publicación no perfil do contratante e mediante o envío dun fax a cada un dos licitadores.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 17 de marzo de 2014.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2014

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar