Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Luns, 24 de marzo de 2014 Páx. 12482

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato dos servizos necesarios para o deseño, organización, montaxe, desmontaxe e transporte das salas de degustación desta consellería (Secretaría Xeral do Mar) en distintos certames coas entidades galegas no exterior, que se realizarán no ano 2014, actuación cofinanciada polo Fondo Europeo de Pesca nun 75 %, no eixe 3, medida 4 (expediente 9/2014).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizos necesarios para o deseño, organización, montaxe, desmontaxe e transporte das salas de degustación da Consellería do Medio Rural e do Mar (Secretaría Xeral do Mar) en distintos certames coas entidades galegas no exterior, que se realizarán no ano 2014: Córdoba (abril), Barcelona (abril), Bos Aires-Arxentina (maio), País Vasco (xuño) e Alemaña (xullo).

c) Enderezo da internet do perfil de contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20000

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 4, do 8 de xaneiro de 2014.

e) División por lotes e número: non leva.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: urxente e anticipada de gasto; aberto non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 120.000,00 €, IVE (21 %): 25.200,00 €. Importe total: 145.200,00 €.

Valor estimado: 120.000,00 €.

5. Adxudicación e formalización do contrato.

a) Data da resolución de adxudicación: 20 de febreiro de 2014.

b) Adxudicataria: Escenoset, S.L.

c) Importe: 115.200,00 € (sen IVE).

IVE (21 %): 24.192,00 €.

Importe total: 139.392,00 €.

d) Data de formalización do contrato: 27 de febreiro de 2014.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: única oferta que chegou á última fase de valoración e cumpriu cos requisitos contidos nos pregos.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2014

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar