Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Venres, 21 de marzo de 2014 Páx. 12121

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1091/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Xulgado do Social Número 2 da Coruña, fai saber que por resolución ditada o día 27 de febreiro de 2014, no proceso seguido por instancia de Paula García Rego contra a Asociación de Pais do Colexio Santiago Apóstol da Coruña, Fernando Campo Cerecedo e o Fogasa, en reclamación por cantidade, se rexistrou co nº 1091/2011 e se acordou notificar á Asociación de Pais do Colexio Santiago Apóstol da Coruña, a resolución de sentenza seguinte:

«Resolvo:

1º. Que apreciando a excepción de falta de lexitimación pasiva, absolvo a Fernando Campo Cerecedo das pretensións exercidas contra el.

2º. Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Paula García Rego contra a Asociación de Pais do Colexio Santiago Apóstol da Coruña e, en consecuencia, debo condenar e condeno a asociación demandada a que aboe a Paula García Rego a cantidade de 8.875,85 euros, máis 887,58 en concepto de xuros moratorios aplicables aos conceptos salariais.

Con intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco (5) días a partir da súa notificación.

Se o recurso o interpón a parte demandada, non se admitirá sen a consignación previa do importe da condena, que deberá ingresar na conta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, aberta no grupo Banesto, máis 300 € do depósito especial indicado no artigo 229 da Lei reguladora da xurisdición social. Ambos os dous ingresos deberanse efectuar por separado na mesma conta corrente antes indicada, e a empresa poderá substituír o importe da consignación pola constitución á disposición deste xulgado de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada-xuíza que a subscribe, en audiencia pública no día da súa data. Dou fe».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias deste xulgado, agás as que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación á Asociación de Pais do Colexio Santiago Apóstol da Coruña, en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 3 de marzo de 2014

A secretaria xudicial