Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Venres, 21 de marzo de 2014 Páx. 12155

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 25 de febreiro de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2014023TA-OU, incoado por infraccións en materia sanitaria.

O 27 de xaneiro de 2014, a xefa territorial de Ourense acordou o inicio do expediente sancionador 2014023TA-OU, a Valadares Borgues, Bertilia NIF 45160304B, titular do Restaurante Marco Grande, con domicilio en Bouzas-estrada de Santiago, 3, 32101 Vilamarín (Ourense).

Intentada a notificación deste acordo, segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto número 5 do referido artigo, notifícase a Valadares Borgues, Bertilia NIF 45160304B, titular do Restaurante Marco Grande, o contido do referido acordo de inicio que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avda. de Zamora, nº 13, Ourense, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no mencionado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación a interesada, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 39/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 25 de febreiro de 2014

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº expediente: 2014023TA-OU.

Denunciado: Valadares Borgues, Bertilia, titular do Restaurante Marco Grande.

DNI/NIF/CIF: 45160304B.

Último enderezo coñecido: con domicilio en Bouzas-estrada de Santiago, 3, 32101 Vilamarín (Ourense).

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: Lei 28/2005, do 26 de decembro.

Tipificación: grave.

Sanción proposta: seiscentos cincuenta e un euros (651,00 €).