Con data do 4 de febreiro de 2014, a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Ourense acordou o inicio do expediente sancionador 2014041TA-OU a Gómez Gómez, Lorena María, DNI 44447860-S, con domicilio na rúa Marcelo Macías, 54, 3º B, 32630 Xinzo de Limia (Ourense).
Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto número 5 do referido artigo, notifícaselle a Gómez Gómez, Lorena María, DNI 44447860-S, o contido do referido acordo de inicio que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións, ante esta xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avenida de Zamora, nº 13, Ourense, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Advírteselle que, no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no mencionado prazo, o acordo de inicio se considerará proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Ourense, 25 de febreiro de 2014
María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense
ANEXO
Nº expediente: 2014041TA-OU.
Denunciada: Gómez Gómez, Lorena María.
DNI/NIF/CIF: 44447860-S.
Último enderezo coñecido: rúa Marcelo Macías, 54, 3º B, 32630 Xinzo de Limia (Ourense).
Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.
Preceptos infrinxidos: Lei 28/2005, do 26 de decembro.
Tipificación: leve.
Sanción proposta: trinta euros (30,00 €).