Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Venres, 21 de marzo de 2014 Páx. 12157

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 25 de febreiro de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2013170TA-OU, incoado por infraccións en materia sanitaria.

O 18 de decembro de 2013, a xefa territorial de Ourense acordou o inicio do expediente sancionador 2013170TA-OU, a Conde Cerzón, María Pilar NIF 36092555N, titular do Café-Belén-Bar, con domicilio na praza Otero Pedrayo, 32630 Xinzo de Limia (Ourense).

Intentada a notificación deste acordo, segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto número 5 do referido artigo, notifícase a Conde Cerzón, María Pilar NIF 36092555N, titular do Café -Belén-Bar, o contido do referido acordo de inicio que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, e lémbráselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avda. de Zamora, nº 13, Ourense, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no mencionado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 25 de febreiro de 2014

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº expediente: 2013170TA-OU.

Denunciada: Conde Cerzón, María Pilar, titular do Café-Belén-Bar.

DNI/NIF/CIF: 36092555N.

Último enderezo coñecido: praza Otero Pedrayo, 32630 Xinzo de Limia (Ourense).

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: Lei 28/2005, do 26 de decembro.

Tipificación: grave.

Sanción proposta: seiscentos un euros (601,00 €).