Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Mércores, 19 de marzo de 2014 Páx. 11719

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 4 de marzo de 2014 pola que se outorgan nomeamentos de rexistradores da propiedade, mercantís e de bens mobles para os rexistros vacantes que se citan.

O nomeamento de rexistradores da propiedade, mercantís e de bens mobles que desempeñen funcións en Galicia é competencia desta comunidade autónoma, segundo o disposto no artigo 26.1 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981.

Visto o expediente instruído para a provisión de rexistros da propiedade, mercantís e de bens mobles vacantes en virtude de concurso ordinario número 289, convocado pola Resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado, do 26 de novembro de 2013 (BOE do 5 de decembro), e resolto pola Resolución do 12 de febreiro de 2014, e de conformidade cos artigos 284 da Lei hipotecaria, 496 e demais concordantes do regulamento para a súa execución, e co Decreto 72/2013, do 25 de abril, e coas demais disposicións legais autonómicas pertinentes,

RESOLVO:

Nomear os rexistradores comprendidos na citada resolución e que no anexo se relacionan para prover os rexistros vacantes radicados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2014

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

– Fernando Cabello de los Cobos y Mancha, rexistrador de Girona número 4, para o Rexistro de Tui.

– Gabriel Alonso Landeta, rexistrador de Linares, para o Rexistro de Carballo.

– Eduardo Rouco Couzo, rexistrador de Arteixo, para o Rexistro de Ferrol.

– Luis López Iglesias, rexistrador de Alacant número 7, para o Rexistro da Coruña número 6.