En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/1997, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, así como no artigo 20 das bases reguladoras da convocatoria,
RESOLVO:
Facer público no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Axencia Turismo de Galicia (http://turismo.xunta.es//) o resultado do proceso de concesión das subvencións previstas con cargo á aplicación orzamentaria 04.A2.761A.760.1, crédito orzamentario 300.000 €, que figuran no anexo desta resolución, concedidas ao abeiro da Resolución do 30 de abril de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións a concellos para o apoio, promoción e difusión das festas declaradas de interese turístico de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2013.
Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2014
Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia
ANEXO
Subvencións a concellos para o apoio, promoción e difusión
das festas declaradas de interese turístico de Galicia
Concello |
Actuación subvencionada |
Importe |
A Pobra do Caramiñal |
Festa de Xesús o Nazareno - Festa das Mortallas |
3.500,00 € |
Ares |
Alfombras florais de Corpus Christi |
400,00 € |
Betanzos |
Festas patronais de San Roque |
3.500,00 € |
Boiro |
Romaría de San Ramón de Bealo |
3.500,00 € |
Cabana de Bergantiños |
Romaría de San Fins de Castro |
3.500,00 € |
Melide |
Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional da Terra de Melide |
3.500,00 € |
Mugardos |
Festa do Polbo |
3.500,00 € |
Neda |
Festa do Pan de Neda |
3.500,00 € |
O Pino |
Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar |
3.500,00 € |
Oroso |
Festa da Troita |
3.256,00 € |
Sada |
Festas patronais de San Roque |
3.500,00 € |
Vimianzo |
Festa da Faguía de Carnés |
1.669,80 € |
Barreiros |
XXXII Festival Folclórico do Emigrante |
3.500,00 € |
Cervo |
Festa do Ourizo de Cervo |
3.500,00 € |
Cervo |
Queimada popular de Cervo |
3.500,00 € |
Cervo |
Festa da Maruxaina de San Cibrao |
3.500,00 € |
Chantada |
Folión dos Carros |
3.500,00 € |
Folgoso do Courel |
Festa da Castaña |
3.500,00 € |
Folgoso do Courel |
XVI Filandón de Músicas do Courel |
3.500,00 € |
Foz |
Festas patronais de San Lourenzo |
3.500,00 € |
Lourenzá |
XXIII Festa da Faba |
3.500,00 € |
Lugo |
Arde Lucus |
3.500,00 € |
Mondoñedo |
As San Lucas |
3.496,90 € |
Monterroso |
Feira dos Santos |
3.000,00 € |
Quiroga |
Mostra do Aceite de Quiroga |
3.226,93 € |
Sober |
Feira do Viño de Amandi |
3.500,00 € |
Celanova |
Romaría Etnográfica Raigame |
2.511,96 € |
Laza |
Entroido de Laza |
3.500,00 € |
Manzaneda |
Folión Tradicional do Entroido de Manzaneda |
3.500,00 € |
Oímbra |
XVI Feira do Pemento de Oímbra |
3.500,00 € |
Rairiz de Veiga |
Romaría da Saínza |
3.500,00 € |
Ribadavia |
Feira do Viño do Ribeiro |
3.500,00 € |
Riós |
XIX Festa da Castaña e do Cogomelo |
3.500,00 € |
Viana do Bolo |
Festa da Androlla |
3.500,00 € |
A Cañiza |
XLVII Feira do Xamón da Cañiza |
3.500,00 € |
A Estrada |
XL Festa do Salmón |
3.500,00 € |
Arbo |
LIII Festa da Lamprea |
3.500,00 € |
Arnoia |
Festa do Pemento |
3.500,00 € |
As Neves |
Feira do Requeixo e do Mel |
3.500,00 € |
Cuntis |
Festa do Lacón con Grelos |
3.500,00 € |
Marín |
Festividade de San Miguel |
3.500,00 € |
Moraña |
Festa do Carneiro ao Espeto |
3.500,00 € |
Ponte Caldelas |
Festa da Troita |
3.500,00 € |
Redondela |
Festa do Corpus Christi cos eventos da Coca |
3.500,00 € |
Redondela |
Festa do Choco |
3.500,00 € |
Silleda |
Festa da Empanada |
2.950,00 € |
Soutomaior |
Festa da Ostra de Arcade |
3.500,00 € |
Tui |
Festas de San Telmo |
3.500,00 € |
Vila de Cruces |
XX Festa Gastronómica do Galo de Curral |
3.500,00 € |