Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Mércores, 19 de marzo de 2014 Páx. 11720

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 5 de marzo de 2014 pola que se outorgan nomeamentos de notarias e notarios para as notarías vacantes que se citan.

O nomeamento dos notarios que teñan que exercer no territorio de Galicia é competencia desta comunidade autónoma, segundo o disposto no artigo 26.1 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981.

Visto o expediente instruído para a provisión de notarías vacantes en virtude de concurso ordinario convocado pola Resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado, do 26 de novembro de 2013, e resolto pola Resolución do 12 de febreiro de 2014, e de conformidade cos artigos 23, 88 e demais concordantes do Regulamento notarial, co Decreto 72/2013, do 25 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e coas demais disposicións legais autonómicas pertinentes,

RESOLVO:

Nomear as notarias e notarios que no anexo se relacionan para prover as notarías vacantes radicadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2014

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

– Luis Francisco Royo Martel, notario de Santander, para a notaría de Vigo-Calvario.

– José Pedro Riol López, notario de Vigo, para a notaría de Pontevedra.

– Raúl Gerardo Muñoz Maestre, notario de Cedeira, para a notaría da Coruña.

– José Antonio Moro Álvarez, notario da Pobra do Caramiñal, para a notaría de Moaña.

– María Ángeles Otero Seivane, notaria de Cangas, para a notaría de Marín.

– Miguel Ángel Rodríguez Muñoz, notario de Sanlúcar de Barrameda, para a notaría de Quiroga.

– Gonzalo Emilio Freire Barral, notario de Ribeira, para a notaría de Betanzos.

– Francisco Javier Ramírez González, notario de Ordes, para a notaría de Betanzos.