Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Mércores, 19 de marzo de 2014 Páx. 11761

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 19 de febreiro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2013392AL-CO por infraccións en materia sanitaria.

Coa data do 29 de xaneiro de 2014, a xefa territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador número 2013392AL-CO, incoado a Tortelli, S.L.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do dito artigo, notifícaselle a Tortelli, S.L. o contido do dito acordo de inicio, que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante a xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que, no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio se considerará proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación a interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 19 de febreiro de 2014

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Número de expediente: 2013392AL-CO.

Interesada: Tortelli, S.L. (restaurante Muerde la Pasta).

DNI/NIF/CIF: B12840229.

Último enderezo coñecido: centro comercial Marineda City, local 215, 15008 A Coruña.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigos infrinxidos:

– Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, sobre normas específicas de hixiene dos alimentos de orixe animal (DO nº 139, do 30 de abril de 2004; rectif. DO nº 204, do 4 de agosto de 2007) anexo II. Capítulo I. 1º. 9º, capítulo IX. 2º. 3º. 4º. 8º.

– Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE nº 160, do 6 de xullo), art. 50.1º e), art. 51.1º e art. 52.1º a).

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: 1.200 €.