Coa data do 29 de xaneiro de 2014, a xefa territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador número 2013418TA-CO, incoado a Pablo Vila Díaz.
Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do dito artigo, notifícaselle a Pablo Vila Díaz o contido do dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante a xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña, e a obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Advírteselle que, no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio se considerará proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
A Coruña, 19 de febreiro de 2014
Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Número de expediente: 2013418TA-CO.
Interesado: Pablo Vila Díaz.
DNI/NIF/CIF: 34284886X.
Último enderezo coñecido: Doctor Casares, 164, Po 6-I, 27400 Monforte de Lemos.
Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.
Artigos infrinxidos:
– Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro (art. 7.u), art. 19.1º. 2º. a), art. 20.1º).
Tipificación provisional: leve.
Sanción proposta: 30 €.