Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Martes, 18 de marzo de 2014 Páx. 11614

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, pola que se fai pública a formalización do contrato da subministración enerxética prestacional e do servizo de mantemento e conservación de edificios, instalacións e equipamento do Hospital Arquitecto Marcide e do Hospital Naval de Ferrol (AB-ASF1-12-012).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Subministracións.

c) Número de expediente: AB-ASF1-12-012.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: mixto (subministracións e servizos).

b) Descrición: subministración enerxética prestacional e do servizo de mantemento e conservación de edificios, instalacións e equipamento do Hospital Arquitecto Marcide e do Hospital Naval de Ferrol, dependentes da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

c) Lotes (de ser o caso): lote único.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 09310000-5, 90123000-7, 09134000-7, 31913000-0, 50530000-9.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

g) Boletíns ou diarios oficiais e datas de publicación dos anuncios de licitación:

– DOUE 2012/S 131-217747, do 11 de xullo de 2012.

– BOE nº 180, do 28 de xullo de 2012.

– DOG nº 125, do 2 de xullo de 2012.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 22.865.898,24 euros.

5. Orzamento base de licitación:

– Importe neto: 19.054.915,20 euros.

– Importe total: 22.484.800,00 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 18 de xaneiro de 2013.

b) Data de formalización do contrato: 7 de febreiro de 2014.

c) Contratista: Ferrovial Servicios, S.A. e Endesa Energía, S.A.U. Unión Temporal de Empresas.

d) Importe ou canon de adxudicación:

– Importe adxudicado sen IVE: 18.079.718,72 euros.

– Importe adxudicado con IVE: 21.876.459,67 euros.

Ferrol, 17 de febreiro de 2014

P.D. (Orde do 5.7.2012, DOG nº 139, do 20 de xullo)
Ángel Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol