Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Martes, 18 de marzo de 2014 Páx. 11612

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 26 de febreiro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes sancionadores (LU-50/2013 e catro máis).

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázanse as persoas que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial da Consellería.

A comparecencia deberá efectuarse, na sede da Área Provincial do IGVS en Lugo, Edificio Administrativo sito na avenida de Ramón Ferreiro, 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 26 de febreiro de 2014

P.S. (Resolución do 29 de maio de 2013)
Marco Antonio Fernández Piñeiro
Xefe do Servizo de Contratación e Apoio Administrativo

ANEXO

Expediente: E.S.LU-50/2013.

Interesado: José Francisco y Luís Penzol Díaz.

Último enderezo coñecido: Bolaño Ribadeneira, 2-4º B, Lugo.

Acto de notificación: inicio do procedemento sancionador.

Expediente: E.S.LU-7/2012.

Interesada: Logar Prado, S.L.

Último enderezo coñecido: rolda da Muralla, 138-1º, Lugo.

Acto de notificación: requirimento da execución da resolución do procedemento sancionador.

Expediente: E.S.LU-21/2012.

Interesada: M. Carmen Sánchez Bermúdez.

Último enderezo coñecido: O Pedregal, 4-1º B, Viveiro.

Acto de notificación: requirimento da execución da resolución do expediente sancionador.

Expediente: E.S.LU-22/2012.

Interesado: Andrés Taboada Gómez.

Último enderezo coñecido: Pedregal, 11-3º B, Viveiro.

Acto de notificación: requirimento da execución da resolución do expediente sancionador.

Expediente: E.S.LU-24/2012.

Interesada: Avelina Gómez Fernández.

Último enderezo coñecido: O Pedregal, 9-1º C, Viveiro

Acto de notificación: requirimento da execución da resolución do expediente sancionador.