Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Martes, 18 de marzo de 2014 Páx. 11616

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de mantemento integral dos equipamentos de alta tecnoloxía da marca Lorad-Hologic, instalados nos centros dependentes da Consellería de Sanidade, Servizo Galego de Saúde (NI-SER1-13-049).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: NI-SER1-13-049.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de mantemento integral dos equipamentos de alta tecnoloxía da marca Lorad-Hologic instalados nos centros dependentes da Consellería de Sanidade, Servizo Galego de Saúde.

c) Lote (se é o caso): non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 50420000-5.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado.

4. Valor estimado do contrato: 311.040 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 129.600 euros. Importe total: 156.816 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 31.12.2013.

b) Data de formalización do contrato: 15.2.2014.

c) Contratista: Emsor, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 129.600 euros. Importe total: 156.816 euros.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2014

Pablo Torres Arrojo
Director xeral de Recursos Económicos