Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Luns, 17 de marzo de 2014 Páx. 11425

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

ANUNCIO do 6 de marzo de 2014 polo que se notifica a Victoria Monteiro Ucha o trámite de vista do expediente disciplinario, incoado por acordo da secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar do 28 de outubro de 2013.

Ante a imposibilidade de notificación persoal por correo certificado con xustificante de recepción, no enderezo que consta no expediente, de acordo co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase a Victoria Monteiro Ucha o trámite de vista do expediente.

Cumpridas as dilixencias previstas no artigo 47.1 do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia e conforme co disposto na súa alínea f), dáselle vista do expediente disciplinario, para que no prazo de 10 días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, poida examinalo no Servizo de Coordinación Administrativa, Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Traballo e Benestar, rúa Concepción Arenal, 8, 1ª planta, alegar o que considere pertinente para a súa defensa e achegar cantos documentos considere de interese.

Durante este prazo facilitaráselle copia completa do expediente, se así o solicita.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Vigo, 6 de marzo de 2014

Mª Isabel Da Riba Casaux
Instrutora