Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Luns, 17 de marzo de 2014 Páx. 11423

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario núm. 27/2014, interposto polo Concello de Riotorto contra a Resolución da Secretaría Xeral de Política Social do 3 de decembro de 2013, pola que se declara a procedencia do reintegro de contías ingresadas para o concepto de axuda no fogar a persoas valoradas como dependentes e para o concepto de axuda no fogar prestación básica, con cargo á subvención concedida na anualidade 2011 ao Concello de Riotorto, ao abeiro da Orde do 3 de marzo de 2011 pola que se regulan as bases polas que se rexerá a concesión de subvencións destinadas ao cofinanciamento da prestación de servizos sociais polas corporacións locais e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2011.

A Consellería de Traballo e Benestar recibiu da Sección 1ª da Sala do
Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, un oficio mediante o cal se ordena a remisión a ese órgano xudicial do expediente que motivou a Resolución da Secretaría Xeral de Política Social do 3 de decembro de 2013, pola que se declara a procedencia do reintegro de contías ingresadas para o concepto de axuda no fogar a persoas valoradas como dependentes e para o concepto de axuda no fogar «prestación básica», con cargo á subvención concedida na anualidade 2011 ao Concello de Riotorto, ao abeiro da Orde do 3 de marzo de 2011, pola que se regulan as bases polas que se rexerá a concesión de subvencións destinadas ao cofinanciamento da prestación de servizos sociais polas corporacións locais e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2011, obxecto do recurso contencioso-administrativo interposto polo Concello de Riotorto, ou ben dunha copia autentificada do dito expediente, debidamente foliada e, de ser o caso, cos documentos e índices correspondentes.

En consecuencia, esta secretaría xeral técnica acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición
contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se publica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se emprazan estas para que poidan comparecer como parte nos autos na Sección 1ª da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2014

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar