Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Luns, 17 de marzo de 2014 Páx. 11415

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 25 de febreiro de 2014, do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, polo que se notifica a incoación dos expedientes sancionadores PN-PO-2013/20-NAV e PN-PO-2013/32-NAV.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal sen efecto, notifícaselle á persoa que se sinala no anexo a incoación de expediente sancionador por infracción da Lei 15/2002, do 1 de xullo, pola que se declara o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

Os denunciados poderán presentar nun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta incoación, as alegacións que consideren convenientes, participándolles que teñen á súa disposición o expediente para examinalo, na sede do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, sito en r/ Oliva, nº 3, 2ª planta, Vigo, conforme o establecido no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Vigo, 25 de febreiro de 2014

José Antonio Fernández Bouzas
Director-conservador do Parque Nacional
Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas

ANEXO

Expediente

Interesado

PN-PO-2013/20-NAV

Julia Torregrosa Sañudo

PN-PO-2013/32-NAV

José Ramón Lestón Rego