Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Luns, 17 de marzo de 2014 Páx. 11413

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 24 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, polo que se notifica a resolución do procedemento do expediente sancionador en materia de protección dos recursos naturais do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (expedientes ILL-PO-0125/2011-NAV e ILL-PO-0056/2011-NAV).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser tentada sen éxito a persoal a través do servizo de Correos, notifícase aos interesados que se sinalan no anexo deste anuncio, a resolución do procedemento.

Os interesados poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, situadas en San Lázaro s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra a presente resolución, que non finaliza a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992. Transcorrido este prazo sen presentarse o devandito recurso, esta resolución adquirirá carácter de firmeza na vía administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2014

Verónica Tellado Barcia
Directora xeral de Conservación da Natureza

ANEXO

Expediente núm.: ILL-PO-0125/2011-NAV.

Interesado: Jesús Antonio Aragón Hermida.

Acto de notificación: resolución do procedemento.

Último enderezo coñecido: rúa Joaquín Jorge Alarcón, num. 32, 28035 Madrid.

Expediente núm.: ILL-PO-0056/2011-NAV.

Interesado: José Manuel Torres Ruíz.

Acto de notificación: resolución do procedemento.

Último enderezo coñecido: rúa Río Deva, num. 8, 2º E, 39540 San Vicente de la Barquera (Cantabria).