Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Xoves, 13 de marzo de 2014 Páx. 10935

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Marín

ANUNCIO do 18 de febreiro de 2014 polo que se convoca licitación pública para a contratación do servizo de limpeza de edificios e instalacións municipais.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Marín.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Domicilio: avenida de Ourense, s/n, 36900 Marín.

d) Número de expediente: 42/14.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Suxeito a regulación harmonizada.

c) Descrición: prestación do servizo de limpeza dos edificios e instalacións dependentes do Concello de Marín.

d) División por lotes e número de lotes: non.

e) Lugar de execución: edificios e instalacións dependentes de Concello de Marín.

f) Localidade e código postal: Marín, 36900.

g) Prazo de execución: catro (4) anos, contados a partir da data de formalización do contrato, e posibilidade de dúas prórrogas anuais. Duración máxima: seis anos.

h) Admisión de prórroga: a duración deste contrato poderá prorrogarse anualmente, por mutuo acuerdo das partes, manifestado expresamente e por escrito, por dos (2) anos máis, de acordo co disposto na cláusula 4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

i) CPV: 90919300-5

90911200-8

90919000-2

90911300-9

Código CPA-2002

74.70.13

74.70.12

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, con varios criterios de adxudicación.

c) Criterios de adxudicación: 1. Criterios avaliables mediante un xuízo de valor e non avaliables mediante fórmula aritmética. 1.1. Proposta técnica e organizativa recollida na memoria explicativa: ata 30 puntos. 1.2. Melloras sobre o servizo de limpeza previsto nos pregos: ata 10 puntos. Total criterios subxectivos: 40 puntos.

Criterios avaliables mediante a aplicación dunha fórmula 2.1. Mellor oferta económica: ata 40 puntos. 2.2. Número de horas para o desenvolvemento e atención de limpezas extraordinarias sen custo engadido para o concello: ata 10 puntos. 2.3. Mellor prezo/horas para limpezas extraordinarias, previstas na cláusula 5 do PPT: ata 10 puntos.

4. Orzamento base de licitación:

Prezo anual: 403.182,60 €. IVE: 84.668,35 €. Total: 487.850,95 €.

5. Garantías exixidas:

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información: Concello de Marín, avenida de Ourense, s/n, 36900 Marín, teléfono: 986 88 03 00/fax: 986 88 20 13. Enderezo na internet do perfil do contratista: http://www.concellodemarin.es. Poderán obter documentos e información ata o 10.4.2014, ás 14.00 horas, data en que remata o prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación (grupo, subgrupo e categoría): grupo U, subgrupo 1, categoría c.

8. Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica ou profesional: documento acreditativo da clasificación exixida.

9. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 10 de abril de 2014.

b) Lugar de presentación: Concello de Marín, Rexistro Xeral, situado na casa do concello, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, e os sábados das 9.00 ás 13.00 horas. Tamén se poderán presentar ofertas por correo, na forma establecida na cláusula 14 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Documentación: a exixida na cláusula 12 do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Apertura dos sobres B e C:

a) Enderezo: dependencias da casa do concello (avenida de Ourense, s/n).

b) Localidade e código postal: Marín, 36900.

c) Data e hora: conforme o establecido na cláusula 15.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 17 de febreiro de 2014.

Marín, 18 de febreiro de 2014

María Ramallo Vázquez
Alcaldesa