Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Xoves, 13 de marzo de 2014 Páx. 10933

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Marín

ANUNCIO de licitación do contrato administrativo especial do albergue turístico de Marín.

1. Entidade contratante:

Organismo: Concello de Marín. Apróbase o expediente e iníciase a licitación mediante Acordo da Xunta de Goberno Local do 13.2.2014.

Dependencia que tramita el expediente: Secretaría Xeral.

Expediente: 134/13.

Obtención de documentación: Servizo de Secretaría. Avenida de Ourense, s/n, Marín (Pontevedra). Teléfono: 986 88 03 00, fax: 986 88 20 13; enderezo da internet do perfil do contratante: www.concellodemarin.es

2. Obxecto do contrato:

Tipo de contrato: contrato administrativo especial do albergue turístico de Marín.

Obxecto do contrato: a prestación do servizo de aloxamento e hostalaría no albergue turístico de Cadro, situado nun predio de titularidade municipal, sito en San Tomé de Piñeiro.

Non suxeito a regulación harmonizada.

CPV: 55100000-1 a 55524000-9.

3. Canon mínimo: 1.328,00 euros/anuais, IVE incluído (21 %).

4. Duración: dous (2) anos, prorrogables ano a ano ata un máximo de catro anos.

5. Tramitación e procedemento:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento de adxudicación: aberto cun único criterio de adxudicación.

Criterios de adxudicación: mellor canon anual para aboar ao concello.

6. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: solvencia económica e financeira: declaración apropiada de entidades financeiras (véxase a cláusula 18.5º). Solvencia técnica ou profesional: experiencia de polo menos doce (12) meses ininterrompidos no sector da hostalaría. Para a acreditación deste requisito, os licitadores deberán achegar unha relación dos principais traballos realizados nos últimos tres anos no sector da hostalaría, que inclúa importe, datas e o destinatario, público ou privado, destes, acompañada de certificado expedido ou visado polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público; cando sexa o destinatario un suxeito privado, mediante certificado expedido por este ou mediante declaración responsable do empresario (véxase a cláusula 18.6º do prego).

Outros requisitos específicos: capacidade de obrar; non prohibición para contratar; non estar incurso en incompatibilidades; cumprimento das obrigas coa Seguridade Social; cumprimento coas obrigas tributarias. Para as empresas estranxeiras, declaración de sometemento a lexislación española.

7. Presentación de ofertas:

Data límite de presentación: vinte e seis (26) días hábiles contados desde o día seguinte ao da última publicación (DOG, BOP ou perfil do contratante), finalizando ás 14.00 horas do último día de prazo. Se o último día do prazo para presentar proposicións for inhábil, enténdese prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Marín, avenida de Ourense, s/n, Marín, das 9.00 ás 14.00 horas, agás o sábado, que será das 9.00 ás 13.00 horas.

8. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario ata o límite de 2.000,00 €.

Marín, 14 de febreiro de 2014

María Ramallo Vázquez
Alcaldesa