Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Xoves, 13 de marzo de 2014 Páx. 10938

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de información pública (expediente AM/17/13).

Mecánica Rocha, S.L., solicitou desta alcaldía licenza municipal de acondicionamento e actividade para a apertura dun establecemento dedicado a carpintaría e cerrallaría metálica, que se situará no polígono industrial A Granxa, parcela 259, nave 17-A, desta localidade. En cumprimento do disposto no artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que empezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra– poidan examinar o expediente AM/17/13, na Sección de Urbanismo deste concello, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

O Porriño, 5 de febreiro de 2014

José Nelson Santos Argibay
Alcalde