Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Xoves, 13 de marzo de 2014 Páx. 10895

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 24 de febreiro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se acorda publicar a Resolución do 17 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, sobre cesión de terras sobrantes na zona de concentración parcelaria Ramil (Castro de Rei) ao Concello de Castro de Rei.

O acordo de concentración parcelaria da zona de Ramil (Castro de Rei-Lugo) foi aprobado pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural o 14 de xullo de 2010, foi publicado na forma legalmente prevista na lexislación vixente e, na actualidade, encóntrase pendente de firmeza.

Con posterioridade a estes actos o Concello de Castro de Rei solicita a cesión da titularidade do predio nº 103 para aparcadoiro.

Visto o informe favorable da Xunta Local da Zona, a Lei de reforma e desenvolvemento agrario, do 12 de xaneiro de 1973, a Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro, a Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras, a Lei 30/1992, do 26 de noviembre, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción segundo a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e demais disposicións legais vixentes de aplicación ao caso.

Á vista de que o destino para o que se solicita o predio nº 103 é perfectamente subsumible no suposto recollido no artigo 32 da antedita lei galega, esta dirección xeral

resolve:

1º. Modificar o acordo de concentración parcelaria da zona de Ramil (Castro de Rei-Lugo) e adxudicar ao Concello de Castro de Rei a titularidade do predio nº 103, que causa baixa no Fondo de terras da zona, para ser destinado a aparcadoiro.

2º. Transcorridos cinco anos desde a cesión da titularidade sen que o predio fose destinado ao fin para o que é adxudicado, a titularidade do referido predio reverterá ao Fondo de terras da zona, ao Patrimonio da Comunidade Autónoma, á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) ou a outra entidade que corresponda, segundo o caso.

Contra esta resolución pódese interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Medio Rural e do Mar no prazo dun mes contado a partir do día seguinte a aquel en que sexa publicada no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 24 de febreiro de 2014

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo