Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Xoves, 13 de marzo de 2014 Páx. 10684

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ORDE do 26 de febreiro de 2014 sobre a aprobación definitiva da modificación puntual número 8 do PXOM de Vigo relativa á clasificación da parcela número 1 U.A. Moledo e sector S-26-R Pescadeira (Sárdoma).

O Concello de Vigo remite o documento de referencia para que, conforme o disposto no artigo 85.7 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, se proceda á súa aprobación definitiva.

I. Antecedentes.

I.1. O Concello de Vigo dispón, na actualidade vixente, de Plan xeral de ordenación municipal, aprobado definitivamente por ordes do 16 de maio de 2008 e do 13 de xullo de 2009.

I.2. Canto á tramitación desta modificación puntual, cómpre sinalar:

• O 12 de xullo de 2012, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da CMATI declarou a non necesidade de someter a avaliación ambiental estratéxica a modificación puntual, publicada no DOG nº 148, do 3 de agosto.

• Consta informe técnico-xurídico, do 9 de outubro de 2012, respecto da legalidade e calidade técnica da ordenación proposta.

• O 29 de novembro de 2012 a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu informe previo á aprobación inicial da modificación puntual.

• O Pleno do Concello, en sesión ordinaria que tivo lugar o 25 de marzo de 2013, aprobou inicialmente a modificación puntual e someteuna a información pública durante o prazo de dous meses mediante anuncios que se publicaron nos diarios Faro de Vigo do 25 de abril, e Atlántico do 26 de abril; e no DOG nº 94, do 20 de maio.

• Durante o período de exposición ao público presentouse unha alegación.

• Déuselles audiencia aos municipios limítrofes de Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño e Redondela, sen que conste alegación ningunha de ningún deles.

• Non consta informe de Augas de Galicia durante o período de información pública. Non obstante existe informe favorable na fase de tramitación ambiental.

• O Concello Pleno do 30 de setembro de 2013 tomou o seguinte acordo:

– Desestimar a alegación presentada.

– Aprobar provisionalmente a modificación puntual.

II. Análise e consideracións.

Analizado o expediente remitido polo Concello de Vigo, e vista a proposta literal que nesta mesma data eleva a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, resulta:

II.1. A modificación puntual ten por finalidade dar cumprimento á sentenza do TSXG 00585/2011, na obriga de clasificar como solo urbano consolidado a parcela 1 da Unidade de actuación 03 Moledo do anterior PXOU, asignando ordenación detallada a esta parcela, sinalando as aliñacións e rasantes, e redelimitando e corrixindo os ámbitos adxacentes do solo urbanizable delimitado S-26-Pescadeira e dúas parcelas lindantes na mesma situación.

II.2. A modificación puntual asigna a estas tres parcelas a ordenanza 10.1ª, de edificación residencial exterior, no grao 1º, con uso característico residencial, coa categoría de vivenda unifamiliar, igual que os terreos contiguos ás parcelas.

II.3. Respecto da modificación da ficha do sector S-26-Pescadeira, recalcúlanse as reservas, cumprindo o artigo 47 da LOUG ao reducir a superficie deste sector.

II.4. A reclasificación das tres parcelas e o reaxustamento da ficha de sector de solo urbanizable para dar cumprimento á sentenza do TSXG, incorporando a ordenación detallada no solo urbano consolidado, pode fundamentar a modificación de planeamento ao abeiro do artigo 94.1 da LOUG.

A competencia para resolver sobre a aprobación definitiva do planeamento xeral correspóndelle ao conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, de conformidade co disposto nos artigos 89 e 93.4 da LOUG, e no artigo 1 do Decreto 316/2009, do 4 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da CMATI.

III. Resolución.

Visto o que antecede,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgar a aprobación definitiva á modificación puntual nº 8 do PXOM de Vigo, de acordo co artigo 85.7.a) da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Segundo. De conformidade co disposto polos artigos 92 da Lei 9/2002 e 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, o concello deberá publicar no Boletín Oficial da provincia a normativa e ordenanzas do PXOM aprobado definitivamente.

Terceiro. Notifíquese esta orde ao concello e publíquese no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Contra esta orde cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2014

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas