Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Mércores, 12 de marzo de 2014 Páx. 10666

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilalba

ANUNCIO de información pública sobre legalización de actividade e construción de silos forraxeiros e balsa de xurro en Barbeitas (Sancovade).

Ezequiel Otero López, con DNI 33317577F, solicitou desta alcaldía licenza municipal para a legalización de actividade e construción de silos forraxeiros e balsa de xurro, que se situará no lugar de Barbeitas (Sancovade) (polígono 128, parcelas 288-275-274) (Vilalba-Lugo). En cumprimento co disposto no artigo 8, punto 3, do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días, contados a partir da última publicación deste edicto no DOG e no BOP, coa finalidade de que durante este poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgunha maneira se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións e observacións que xulguen oportunas.

Vilalba, 19 de febreiro de 2014

Gerardo Criado Guizán
Alcalde