Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Mércores, 12 de marzo de 2014 Páx. 10667

VI. Anuncios

b) Administración local

Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Sanxenxo

ANUNCIO para a contratación da reposición de once centros de transformación de media tensión afectados por vandalismo no parque empresarial de Nantes (SU-15)-Sanxenxo.

Aprobados os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas, que rexen a contratación da subministración da reposición de 11 centros de transformación eléctricos de media tensión afectados por actos de vandalismo no parque empresarial de Nantes-Sanxenxo, anúnciase a convocatoria para a súa contratación.

1. Obxecto: a contratación da subministración da reposición de 11 centros de transformación eléctricos de media tensión afectados por actos de vandalismo no parque empresarial de Nantes-Sanxenxo.

2. Duración do contrato: duración máxima de dous (2) meses.

3. Prezo de licitación: o orzamento máximo de licitación é de 147.919,70 €, sen incluír o imposto sobre o valor engadido (en diante IVE); o IVE ascende a 31.063,14 € e o orzamento máximo de licitación, co IVE é de 178.982,84 €.

4. Procedemento e tramitación: a adxudicación realizarase mediante tramitación ordinaria e procedemento aberto (con multiplicidade de criterios de valoración).

5. Lugar e prazo de presentación de ofertas: as proposicións presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Sanxenxo das 9.00 ás 14.00 horas, agás o sábado, que será das 9.00 ás 13.00 horas dentro do prazo de quince (15) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, Diario Oficial de Galicia e no perfil do contratante do órgano de contratación que figura na páxina web do Concello (www.sanxenxo.es). O cómputo de prazos comezará desde a derradeira publicación en calquera dos medios citados. Faise constar que se o prazo remata en festivo ou sábado, ampliarase ao día seguinte hábil que non sexa sábado.

6. Criterios de adxudicación: serán os sinalados na cláusula 9ª dos pregos respectivos.

7. Mesa de contratación: constituirase de acordo o sinalado nas cláusulas 10ª e 11ª dos pregos respectivos.

8. Clasificación: non se exixe.

9. Garantías: provisoria, non se precisa. Garantía definitiva do 5 % do importe total da adxudicación, excluído o IVE.

10. Entidade e información: Concello de Sanxenxo-Sección de Contratación. Tel.: 986 72 00 75. A documentación recollerase no Concello de Sanxenxo e a través da web www.sanxenxo.es. Perfil de Contratante.

Sanxenxo, 4 de marzo de 2014

Catalina González Bea
Presidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo
do Concello de Sanxenxo