Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Mércores, 12 de marzo de 2014 Páx. 10665

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de aprobación inicial do proxecto da modificación puntual número 1 do Plan parcial do sector SUR-R18.

Aprobado inicialmente, por acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local en sesión de data 28 de febreiro de 2014, o proxecto de modificación puntual número 1 do Plan parcial do sector SUR R-18 (A Zamorana), presentado por Antonio González Ferreño en representación de Inversiones Gallegas en Suelo, S.L. e redactado polo equipo Aurianova Arquitectos, de conformidade co artigo 86.1.a) da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública polo prazo dun mes, contado desde a publicación no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo, poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes ou obter copias.

Quedan suspendidas as licenzas naqueles ámbitos do territorio cuxas novas determinacións supoñan modificación da ordenación urbanística vixente.

As áreas afectadas son as seguintes: SUR R-18 (A Zamorana).

San Cibrao das Viñas, 3 de marzo de 2014

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde