Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Mércores, 12 de marzo de 2014 Páx. 10664

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pedrafita do Cebreiro

ANUNCIO de información pública sobre ampliación de explotación agrícola existente de gando vacún en Busmullán.

Patricia de Almeida Pérez solicitou nesta alcaldía licenza municipal de obra para levar a cabo as accións consistentes na ampliación de explotación agrícola existente de gando vacún en Busmullán-Pedrafita do Cebreiro.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sómetese a información pública por un período de vinte días hábiles, mediante anuncio no BOP de Lugo, no DOG e no taboleiro de edictos do concello, para que os interesados poidan examinar o expediente, na Secretaría do concello, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, e, de ser o caso, formular os reparos ou observacións que consideren oportunos.

Este anuncio serviralles de notificación, ao abeiro do artigo 59.5º da Lei 30/1992, a todos aqueles que sexan descoñecidos ou dos cales se ignore o paradoiro, ou ben cando, intentada esta, non se puido practicar.

Pedrafita do Cebreiro, 20 de febreiro de 2014

José Luis Raposo Magdalena
Alcalde