Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Mércores, 12 de marzo de 2014 Páx. 10663

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan parcial do sector SUD-1 Cividás (expediente FG nº 590).

Por Resolución desta alcaldía nº 734, do 20 de febreiro de 2014, acordouse aprobar inicialmente con condicións o Plan parcial do sector SUD-1 Cividás, en Serantes.

De conformidade co artigo 86.1.a) da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 13.00 horas, polo prazo dun mes, para os efectos de presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 25 de febreiro de 2014

Ángel García Seoane
Alcalde presidente