Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Mércores, 12 de marzo de 2014 Páx. 10661

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, pola que se fai pública a formalización dun contrato de concesión de ocupación de dominio público con destino a explotación dunha tenda-quiosco no Hospital do Meixoeiro (AB CHV1 13 019).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Número do expediente: AB CHV1 13 019.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: concesión.

b) Descrición: ocupación de dominio público con destino a explotación dunha tenda-quiosco no Hospital do Meixoeiro.

c) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: 22.11.2013.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, multicriterio e reservado a CEE e EIL.

4. Canon mínimo de explotación: 4.800,00 €.

5. Formalización do contrato.

a) Data adxudicación: 30.12.2013.

b) Data de formalización do contrato: 1.2.2014.

c) Contratista: Fundosa Galenas, S.A.U.

d) Canon de adxudicación: canon anual: 8.040,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación do 30 de decembro de 2013.

Vigo, 12 de febreiro de 2014

P.D. (Artigo 5 da Orde do 5.7.2012; DOG nº 139, do 20 de xullo)
Mario González González
Xerente de Xestión Integrada de Vigo