Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Mércores, 12 de marzo de 2014 Páx. 10654

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 26 de febreiro de 2014, da Área Provincial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador OU-S-31/2013 por infracción leve en materia de turismo.

Por esta cédula, e de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de decembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle á persoa que no anexo se relaciona a resolución do expediente sancionador OU-S-31/2013, do xefe da Área Provincial de Ourense, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido practicar.

O interesado poderá recoller a resolución mediante comparecencia nas dependencias da Área Provincial de Turismo; rúa Curros Enríquez, 1, 3º andar, Ourense.

Contra a dita resolución, que non esgota a vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso de alzada, perante a directora da Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto no artigo 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Todo isto sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que xulguen oportuno.

De non presentar recurso no dito prazo, a sanción devirá firme e deberá aboar o importe da multa nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do mes seguinte ou inmediatamente hábil posterior; b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de publicación ata o día 20 do mes seguinte ou hábil inmediatamente posterior, por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lle serán facilitados nas dependencias do Servizo de Turismo de Ourense. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción pola vía de constriximento, segundo o disposto pola Orde do 23 de novembro de 2001, pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria e executiva das multas e sancións, da Consellería de Facenda (DOG nº 235, do 5 de decembro).

Ourense, 26 de febreiro de 2014

Antonio Aguarón Turrientes
Xefe da Área Provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-S-31/2013.

Titular sancionado: Víctor Manuel Muñoz Alcántara.

Establecemento: Onde Queiras.

Domicilio: Castor Elices, 20.

Localidade: Celanova.

Resolución: 28 de xaneiro de 2014.

Tipificación da infracción: artigo 109.2.c) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Sanción: douscentos (200) euros.