1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec).
b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do Cixtec.
c) Obtención da documentación e información:
1) Dependencia: Cixtec.
2) Enderezo: r/ Domingo Fontán, 9.
3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.
4) Teléfono: 981 54 13 37.
5) Telefax: 981 54 12 70.
6) Enderezo electrónico: contratacion.rexistro@cixtec.es
7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es
8) Data límite de obtención da documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.
d) Número de expediente: 2014-004.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: servizos.
b) Descrición do obxecto: servizo consistente na configuración e instalación da plataforma para a enquisa estrutural a fogares (EEF) para os anos 2014 e 2015, mediante tramitación simplificada.
c) Lugar de execución: o indicado no prego de prescricións técnicas.
d) Prazo de execución: desde a data de sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 2015.
e) Admisión de prórroga: non.
f) CPV: 72212000-4.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente e documentalmente simplificada.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: pluralidade de criterios.
d) Criterios de adxudicación: os estipulados no prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Valor estimado do contrato.
Importe: 96.800,00 euros.
5. Orzamento base de licitación.
Importe neto: 96.800.00 euros. Importe total: 117.128,00 euros, distribuído nas seguintes anualidades:
Exercicio 2014: 58.564,00 €.
Exercicio 2015: 58.564,00 €.
6. Garantías exixidas.
Definitiva: 5 % do importe de adxudicación.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: non se exixe.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional (se é o caso): a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación das ofertas.
a) Data límite de presentación de ofertas:
1) Ofertas presentadas a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex): o prazo de presentación rematará ás 14.00 horas do oitavo (8) día natural contado a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.
2) Ofertas presentadas en sobre pechado: o prazo de presentación rematará ás 14.00 horas do oitavo (8) día natural contado a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia. De coincidir o dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación das ofertas rematará o primeiro día hábil seguinte. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición de envío na oficina de Correos e comunicar ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (981 54 12 70) no mesmo día.
b) Modalidade de presentación: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1) Documentación presentada a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex). Enderezo electrónico: www.conselleriadefacenda.es/silex
2) Documentación presentada en sobre pechado:
Dependencia: Rexistro Xeral do Cixtec.
Enderezo: r/ Domingo Fontán, nº 9.
Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.
d) Admisión de variantes: non se admiten.
e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Cixtec.
b) Enderezo: r/ Domingo Fontán, nº 9.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
Mesa pública: criterios cuantificables mediante xuízo de valor:
– Data: o quinto (5) día hábil, contado a partir do seguinte ao de finalización de presentación de ofertas. Se ese día coincidir en sábado ou festivo, a mesa reunirase o primeiro día hábil seguinte, á mesma hora.
– Hora: 10.00 horas.
Mesa pública: criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas:
– A data e hora anunciarase oportunamente no perfil de contratante e comunicarase aos licitadores.
10. Gastos de anuncios: os gastos de anuncios correrán por conta do adxudicatario e serán, como máximo, de 10,82 € por liña publicada no DOG.
Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2014
M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable