Con data do 29 de xaneiro de 2014, a xefa territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2013390AL-CO incoado a Coserpont, S.L.
Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do dito artigo, notifícase a Coserpont, S.L. o contido do dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións, ante a xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Advírteselle que no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
A Coruña, 18 de febreiro de 2014
Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Nº de expediente: 2013390AL-CO.
Interesada: Coserpont, S.L. (Cafetaría Hospital Clínico).
DNI/NIF/CIF: B36180958.
Último enderezo coñecido: A Choupana, s/n, 15702 Santiago de Compostela.
Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.
Artigos infrinxidos:
– Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, sobre normas específicas de hixiene dos alimentos de orixe animal (DO nº 139, do 30 de abril de 2004; rectif. DO nº 204, do 4 agosto de 2007). Artigo 4. 3º d), artigo 5. 1º. 2º a).b).c).d).e).f).g). 3º, 4º a).b).c), anexo II: capítulo V. 1. a) e capítulo IX. 5 e 7.
– Real decreto 3484/2000, do 29 de decembro, sobre normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas (BOE nº 11, do 12 de xaneiro de 2001). Artigo 7. 1º. a). b). c) d).
– Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE nº 160, do 6 de xullo): artigo 50. 1º. d) e 51.1º.
Tipificación provisional: leve.
Sanción proposta: 500 €.