Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Mércores, 12 de marzo de 2014 Páx. 10641

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 21 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Emprego e Formación, pola que se notifica acordo de resolución de expediente de reintegro de subvención concedida no expediente TR352A 2011/108-0.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, pola presente cédula notifícaselle á entidade relacionada no anexo o acordo de resolución do expediente de reintegro da subvención concedida mediante resolución do director xeral de Promoción do Emprego do 13 de xullo de 2011.

Faise saber que o interesado disporá dun prazo de 15 días para que alegue ou presente os documentos que considere pertinentes, de acordo co disposto no artigo 77 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xullo, de subvencións de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2014

Ana María Díaz López
Directora xeral de Emprego e Formación

ANEXO

Entidade: Asociación Xuvenil A Telleira.

Enderezo: Camiño Real, 15, Trabanca-Badiña, 2ª planta, 36600 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Nº expte.: TR352A 2011/108-0.

Data do acordo de resolución do expediente de reintegro: 9 de xaneiro de 2014.

Preceptos incumpridos: artigo 8.2 da Orde do 30 de decembro de 2010 pola que se establecen as bases que regulan, para o exercicio do ano 2011, as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación, no ámbito de colaboración coas entidades locais e cos órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro e se procede á súa convocatoria; artigo 33.1.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cantidade que hai que reintegrar: 9.189,78 €.