Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Luns, 10 de marzo de 2014 Páx. 10350

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2014 mediante a que se anuncia procedemento aberto para a contratación do servizo de teleasistencia domiciliaria.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Obtención da documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: praza do Trigo, nº 2-3º.

3) Localidade e código postal: Ourense, 32005.

4) Teléfono: 988 26 93 33.

5) Fax: 988 22 14 94.

6) Correo electrónico: contratacion@ourense.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es

d) Número de expediente: ref. 2285.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: contratación, mediante procedemento aberto, do servizo de teleasistencia domiciliaria para o concello de Ourense.

c) Lugar de execución/entrega: Concello de Ourense.

d) Prazo de execución/entrega: un (1) ano.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 85312000-5.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación e a súa ponderación:

– Oferta económica: ata 85 puntos.

– Descrición dos servizos que se van realizar, a súa planificación e organización: ata 10 puntos.

– Medios materiais e humanos: ata 5 puntos.

4. Orzamento base de licitación.

a) Valor estimado do contrato: 91.517,39 euros.

b) O tipo de licitación establécese nunha baixa respecto ao prezo unitario mensual dun terminal que é: prezo: 16,35 euros; IVE (4 %): 0,65 euros; total: 17 euros.

5. Garantías exixidas.

a) Definitiva: 2.884,62 euros.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económico-financeira: a que se sinala no artigo 11.1.4 do prego de condicións.

b) Solvencia técnica: a que se sinala no artigo 11.1.5 de prego de condicións.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: quince (15) días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que se realicen as publicacións no BOP e no DOG.

b) Modalidade de presentación: a que se sinala no artigo 11 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral.

2. Domicilio: praza Maior, nº 1.

3. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

4. Enderezo electrónico: rexistroxeral@ourense.es

d) Prazo de vinculación da oferta: dous (2) meses contados desde a apertura de proposicións.

8. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: Concello de Ourense; praza Maior, nº 1.

b) Localidade e código postal: Ourense, 32005.

c) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante.

9. Gastos de publicidade.

O importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Ourense, 26 de febreiro de 2014

Agustín Fernández Gallego
Alcalde