Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Luns, 10 de marzo de 2014 Páx. 10353

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Lugo

ANUNCIO da asunción pola Deputación Provincial de Lugo de competencias en materia de xestión tributaria do Concello das Nogais.

No Boletín Oficial da provincia (en diante BOP) número 230, do 7 de outubro de 2009, publícase o anuncio relativo á asunción pola Deputación Provincial de Lugo de competencias en materia de xestión tributaria relativo da proposta de reforma das bases que rexen a aceptación e asunción, por delegación expresa, de competencias en materia de xestión, inspección e recadación en relación a tributos, prezos públicos e outros ingresos de dereito público, aprobada no Pleno da Deputación Provincial de Lugo que tivo lugar o día 27 de novembro de 2007, e no Pleno do día 28 de outubro de 2008 refórmanse as bases décima e décimo primeira, así como os concellos que delegaron as súas competencias nesta materia, co alcance e contido das delegacións.

No BOP número 37, do 14 de febreiro de 2014, publícase o contido da asunción pola Deputación Provincial de Lugo de competencias en materia de xestión tributaria do Concello das Nogais.

Lugo, 28 de febreiro de 2014

P.D. (Decreto 2821/2011, do 15 de xullo)
Mª del Pilar García Porto José Antonio Mourelle Cillero
Deputada delegada de Economía, Secretario da Deputación
Recadación e Facenda Provincial de Lugo